"A Nosa Colleita para Somalia", evento feito a base de doazóns de artistas galegos (Pintores/as, Fotógraf@s, Poetas, Artesáns, escultores/as) co fin de recadar cartos para o Corno de áfrica.
O total acadado foi de 3095,31€.
Ao remate do acto fixoselle entrega a Fran Román (representante de Médicos sen Fronteiras) do carto recolleitado.
Lunes 12 de septiembre de 2011
ResponderEliminarúltima actualización: 12:49
La Región de Ourense edición digital
COLLEITA PARA SOMALIA
Rosa Enríquez
Tiempo estimado de lectura: 1 min 30 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
08-09-2011
Rosa Enríquez
A idea partiu de Susana Pazo -artista estradense moi coñecida polos inconfundíbeis bustos de personaxes famosos- que, indignada coa situación do Corno Sul de África, decidiu crear un evento en facebook para envíar axuda a Somalia. Nuns poucos días había tanta xente disposta a colaborar que, finalmente, bautizouse así o evento en cuestión: 'A nosa Colleita para Somalia'. Nela participan fotógrafos/as, artistas plásticos/as e poetas que, amabelmente, cederon algunha obra para vendela a un prezo solidario. O acto terá lugar en Vigo, detrás do Marco, este sábado.
Seguramente, ao ler estas liñas, pensarán vostedes que este artigo é claramente un anuncio e, efectivamente, estarán no certo. É un anuncio. Porén, a pretensión non é únicamente esa de 'anunciar', mais tamén de agradecer a solidariedade de todas as persoas implicadas, en especial a daquelas que non dubidaron en organizar todo no seu tempo libre. E que ben está que así sexa. Reconforta moito, pensémolo por un intre, que nestes tempos de malestar e desidia, existan persoas capaces de deixaren a un lado as propias neuras da modernidade ansiosa e anhelante que nos arrastra a todos/as, para sacaren adiante un proxecto coma este. Reconforta, si.
Fai que poidamos, por unha tarde, imaxinar un mundo menos cínico para eses corazóns africanos cuxa máxima prioridade é o alimento. Dito isto, botemos unha ollada no espello. Quen é ese ou esa que está alí reflectido/a? Ten algo que ver con aquel neno ou nena que alucinaba cunha bicicleta, ou xa case nada pode satisfacer as nosas necesidades inventadas? Queda algo de inocencia en nós, despois de tanto como acumulamos en especias, sendo estas, principalmente, a nosa casa, o noso coche, as nosas tarxetas de crédito, os nosos discos, o noso teléfono? Algo quedará, pois, de non ser así, permaneceremos instalados/as nunha soidade ben ruidosa e enferma.
Nun estado de alerta constante. Nunha perpetua insatisfacción egoísta. Seremos máis pobres que cada un deses nenos que morren de fame cada día no mundo, coa diferenza de que nós soportaremos esa pobreza toda a vida.